Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os 37.129 euros de PIB per cápita de Valga superan a outros grandes concellos coma Vilagarcía e cabeceiras de comarca coma Caldas

- "Para o vindeiro 2006, o traballo e dedicación están garantizados para que en Valga todo siga en positivo”, afirma o alcalde

 

Valga, 31 de decembro de 2025.

Rematamos o ano con boas noticias, con Valga coma o municipio de toda Arousa, incluíndo as bisbarras do Ulla-Umia e do Salnés, co maior Produto Interior Bruto (PIB) por habitante: 37.129 euros. Supera a grandes concellos coma Vilagarcía (21.839 euros per cápita) ou cabeceiras de comarca coma Caldas de Reis (26.093).

Este indicador económico reflexa a riqueza dun territorio e o resultado e o dinamismo da súa actividade produtiva, un ámbito no que Valga é punteira, con grandes empresas radicadas no municipio que son líderes nos seus respectivos sectores.

“Sentímonos orgullosos de que Valga sobresaia” a nivel económico “xa que eses datos reflíctense na calidade de vida dos nosos veciños”, sinala o alcalde, José María Bello Maneiro. “E tamén nos sentimos satisfeitos de todo o traballo realizado durante os últimos anos para que isto sexa posible, facendo do noso un concello atractivo para as empresas e loitando para poder contar con máis solo empresarial para que cada vez sexan máis as industrias que ven en Valga o lugar propicio no que asentarse”.

O rexedor transmite, ademais, o “agradecemento a todos os que contribuíron a que isto sexa unha realidade da que todos debemos estar orgullosos. Pola nosa parte, para o vindeiro 2006, o traballo e dedicación están garantizados para que en Valga todo siga en positivo”.  

Saúde e feliz 2026 para todos!

Volver