- As actividades darán comezo partir das 16:00 horas nos exteriores do Belén Artesanal
- Os nenos poderán saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entergarán un agasallo

Valga, 29 de decembro de 2025.
Os Reis Magos estarán en Valga o luns, 5 de xaneiro, con motivo da tradicional recepción que terá lugar nos exteriores do Belén Artesanal.
Melchor, Gaspar e Baltasar saudarán a todos os nenos valgueses que se acheguen ata o lugar e recollerán as últimas cartas cos seus desexos para que, na mañá do día 6, atopen nos seus fogares os seus xoguetes e agasallos favoritos. Para recibilos por todo o alto, o Concello ten preparada unha tarde chea de actividades.
A partir das 16:00 horas celebrarase unha festa infantil con inchables, obradoiros e música para que os cativos poidan divertirse mentres agardan polas Súas Maxestades. Mentres se desenvolven estas actividades, os Magos aproveitarán para visitar ás veciñas centenarias do concello para felicitarlles a entrada do novo ano en entregarlles un agasallo.
A comitiva real ten prevista a súa chegada ao Belén arredor das 18:00 horas e será o alcalde quen se encargue de darlles a benvida.
A continuación entregaranse os premios do concurso de decoracións de Nadal e beléns artesanais e, despois, chegará o momento máis agardado por todos os nenos, que poderán subir a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entregarán un agasallo.
Para pechar a tarde haberá unha chocolatada con churros gratuíta para todos os asistentes.







