Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os cativos pedíronlle os seus agasallos favoritos para Noiteboa: bonecas, pelotas, bicicletas…

- Participaron na actividade, que tivo lugar na Aula CeMIT, medio cento de rapaces de Educación Infantil

VideoconferenciaPN25 1

Valga, 16 de decembro de 2025.

A ilusión do Nadal xa se deixa sentir en todas partes e, moi especialmente, entre os máis cativos que viven estas datas con gran entusiasmo. Así o demostraron onte na Aula CeMIT, onde arredor de cincuenta alumnos de Educación Infantil do CEIP Baño-Xanza, participaron nunha videoconferencia con Papá Noel.

As novas tecnoloxías permiten experimentar novas emocións tamén nestas datas conectando Valga con Laponia para que os nenos puideran pedirlle a Santa Claus os seus xoguetes favoritos e os seus desexos para este Nadal.

Papá Noel apareceu na pantalla diante da súa casa e rodeado dunha paisaxe nevada, típica do Polo Norte. Un a un, foi escoitando a todos os nenos e as súas peticións: pelotas, bonecas, dinosaurios, unicornios, pistas de coches, tractores, bicicletas... A lista foi longa e variada, así que semella que Papá Noel e os seus nove renos van ter moito traballo para preparar todos os agasallos e poder repartilos a tempo en Noiteboa.

Pero Santa Claus prometeulles que fará todo o posible por cumprir os seus desexos e pediulles que sigan portándose ben para que a maxia do Nadal chegue a todos os seus fogares.

VideoconferenciaPN25 2 VideoconferenciaPN25 3

Volver