- A actividade inclúe ensaios e actividades formativas en horario de mañá e catro concertos no Auditorio Municipal
- O prezo é de 200 euros, se ben os membros da Banda e da Orquestra poden participar de xeito gratuíto
Valga, 15 de decembro de 2025.
A Escola Municipal de Música organiza durante estas datas de Nadal un campus musical que se desenvolverá nas instalacións do Auditorio durante dúas semanas, entre os días 20 de decembro e 3 de xaneiro.
Os inscritos participarán en ensaios e actividades musicais en horario de 11:00 a 14:00. Traballarán un repertorio integrado polos temas: “Abertura do Ballet o Quebra-Noces”, de Tchaikovsky; “Sinfonía 9 do novo mundo”, de A. Dvorak; “Polka trisht-trasht” e a “Marcha Radetzky” de Strauss. Os días 3, 4, 6 e 11 de xaneiro ofrecerán concertos no Auditorio, con entrada de balde para o público.
O campus ten un prezo de 200 euros por participante, aínda que os membros da Orquestra e da Banda de Valga poden participar de xeito gratuíto.
As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata este xoves, 18 de decembro. Para iso é preciso realizar o pago na conta da Asociación Cultural Musival, en Abanca, cubrir a folla de matrícula e enviar os documentos ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Os interesados en obter máis información sobre a actividade poden chamar ao teléfono 665 086 515.








