- Desenvolveranse entre o 22 e o 31 de decembro (agás o día de Nadal) e o 2 de xaneiro
- Nas actividades poden participar nenos e mozos de 3 a 16 anos, cun total de 30 prazas por xornada

Valga, 11 de decembro de 2025.
O Concello ofrece ás familias valguesas un novo servizo de conciliación para as vindeiras vacacións escolares: as “Xornadas creativas de Nadal”, nas que nenos e mozos de entre 3 e 16 anos poderán divertirse, desenvolver a súa creatividade e vivir a maxia propia destas datas a través de actividades lúdicas e educativas.
Este programa desenvolverase no Auditorio Municipal entre os días 22 e 31 e decembro (a excepción do Día de Nadal) e tamén o 2 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Cada xornada contará cun máximo de 30 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, salvo as derivadas polo departamento de Servizos Sociais, que terán prioridade. En caso de que exista un número de solicitudes superior ás prazas disponibles, crearase unha lista de agarda.
O prezo é de 5 euros por xornada para os participantes empadroados en Valga e de 7’5 para os non empadroados. Establécense bonificacións nesta taxa nos seguintes casos:
- Familias en situación de vulnerabilidade usuarias dos Servizos Sociais municipais: redución do 100% do prezo.
- Familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda: redución do 100% do prezo.
- Familias co título de familia numerosa: redución do 20% do prezo.
- Familias monoparentais: redución do 20% do prezo.
- Participantes con discapacidade igual ou superior ao 33%: redución do 20% do prezo.
- Familias con dous ou máis fillos inscritos: redución do 20%, que se aplicará na matrícula do segundo fillo e sucesivos.
Para formalizar a inscrición é preciso cubrir a folla (pode descargarse en https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e presentala no rexistro do Concello xunto co xustificante de pago. Este debe efectuarse na conta de Abanca ES78 2080 5110 7031 1000 0699 indicando como concepto “Xornadas Nadal” e o nome e apelidos da persoa ou persoas inscritas. Aquelas familias que teñan dereito a bonificación poden consultar o prezo a aboar nas oficinas municipais.
O prazo de inscrición remata o día 17 de decembro.







