Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Representantes destes colectivos asistiron onte á gala Provincia Comunitaria, acompañados polo alcalde e a concelleira Carmen Gómez

- Durante o evento actuou a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, que estreou as novas tablets adquiridas coa subvención da entidade provincial

SubvenciónsDepo1

Valga, 10 de decembro de 2025.

Doce colectivos veciñais de Valga recibiron durante este ano subvencións por valor de case 115.000 euros da Deputación de Pontevedra para adquisición de equipamento e execución de obras nos locais sociais, no marco do Plan Provincia Comunitaria, que trata de apoiar as accións que desenvolven estas asociacións e a súa importancia na cohesión social e territorial da provincia.

Os colectivos valgueses que recibiron estas axudas son:

  • Asociación vecinal, sociocultural e deportiva de Campaña: 9.999’56 euros para adquisición de equipamento para local social.
  • Asociación veciñal de Balleas: 9.994’60 euros para obras de acondicionamento de local social.
  • Asociación de veciños, cultural e deportiva de Cordeiro: 9.997’65 euros para pintado exterior do local e iluminación LED.
  • Asociación de Mulleres Rurais e culturais Albor: 10.000 euros para acondicionamento do local da asociación.
  • Asociación veciñal e musical Coral Polifónica Santa Comba: 9.989’76 euros para adquisición de equipamento.
  • Asociación cultural e veciñal Amigos do Belén: 9.998’69 euros para peche dos xardíns exteriores do Belén.
  • Asociación veciñal e cultural de Vilarello: 10.000 euros para mellora da casa dos veciños e adquisición de material para a asociación.
  • Asociación cultural e veciñal de Casal de Eirigo: Adquisición de equipamento e limpeza do tellado do local.
  • Asociación cultural e veciñal Santa Lucía e San Antonio: 8.207’49 euros para adquisición de material.
  • Asociación veciñal e músico-cultural Vilar-Vilarello: 9.931’84 euros para adquisición de equipamento.
  • Asociación veciñal e sociocultural de Cerneira: 10.000 euros para a primeira fase de construcción dun local social.
  • Asociación veciñal, deportiva e músico-cultural de Xanza: 9.861’50 euros para cambio de falso teito do local e adquisición de equipamento.

Os representantes destas asociacións asistiron onte no auditorio de Afundación, en Pontevedra, á gala Provincia Comunitaria, na que se puxo en valor o traballo. Acompañáronos o alcalde, José María Bello Maneiro, e a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez.

Durante a gala actou a Coral Polifónica Santa Comba, que interpretou a canción A Caracola e estreou as novas tablets adquiridas coa subvención da Deputación, nas que xa teñen todas as partituras e material necesario para os concertos. A presidenta da Coral, Valentina Ferro, agradeceu á entidade provincial o apoio “para que poidamos seguir mellorando” e o director, Manuel López Castro, realizou un chamamento para que “máis xente se enrole nas corais e que o público asista ás actuacións, xa que iso danos forza para seguir adiante”.

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, sinalou que a coral valguesa “é, a partir de agora, a Coral da Deputación”.

Durante o acto tamén interveu o alcalde, que sinalou que as axudas que a Deputación outorga aos colectivos veciñais e culturais, “son de gran importancia, especialmente en concellos coma o noso, rural e coa poboación moi diseminada”.

SubvenciónsDepo2      SubvenciónsDepo3

Volver