Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O documento regula as condicións de emprego do conxunto do persoal laboral ao servizo da administración municipal

- Antes da súa entrada en vigor deberá pasar pola Comisión Informativa e ser aprobado en Pleno

ConvenioLaboral1

Valga, 5 de decembro de 2025.

O Concello de Valga e representantes das diferentes organización sindicais veñen de asinar o convenio colectivo do persoal laboral, un documento que regula as condicións de emprego do conxunto do persoal laboral ao servizo da administración local.

O acto de sinatura, ao que precedeu unha longa negociación colectiva, tivo lugar onte no Salón de Plenos da Casa Consistorial. En representación do Concello firmaron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego; Carmen Gómez; e, pola parte social, os delegados de persoal e as organizacións sindicais CSIF, CCOO, CIG e UGT.

O contido normativo do convenio regula e pretende facilitar ao normal desenvolvemento das relacións laborais.

Con anterioridade á súa entrada en vigor, deberá pasar, primeiro, pola Comisión Informativa e, despois, ser aprobado en Pleno.

ConvenioLaboral2 ConvenioLaboral3

 

Volver