- Selaranse e impermeabilizaranse dez pozos que presentan deficiencias
- Tamén se colocará na EDAR de Parafita un sistema de control de caudal
Valga, 22 de novembro 2025.
O Concello vai a executar melloras na rede de saneamento co obxectivo de minimizar as infiltracións de augas brancas.
Estas obras, que acaban de saír a contratación, suporán a rehabilitación de dez pozos que presentan deficiencias e que se atopan nos lugares de O Forno, A Torre, Carballiño, Outeiriño e A Devesa. Limparanse e desatascaranse, aspirando os residuos por medio de equipos de succión e chorros de auga a presión. A continuación selaranse con morteiro e impermeabilizaranse.
Algúns destes pozos son na actualidade inaccesibles ao atoparse as súas tapas asfaltadas, por iso se procederá ao recrecido das mesmas para nivelalas co pavimento existente e permitir o acceso ao seu interior.
Por último, o proxecto contempla tamén accións na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Parafita, para resolver os problemas de verteduras detectados. Instalarase un sistema de control de caudal na entrada da instalación para detectar posibles excesos e levar unha xestión máis eficiente.
Para a execución destas obras, cuxo orzamento ascende a 54.373’58 euros, o Concello conta con financiamento de Augas de Galicia a través dunha liña de axudas para minimizar as perdas de auga en concellos de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da UE.
As empresas teñen de prazo ata o día 17 de decembro para presentar ofertas e optar á execución destas melloras.







