Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estimulación cognitiva e memoria, autocoidado, andainas e expresión artística son as diferentes opcións

- A inscrición seguirá aberta durante todo o curso para as persoas que queiran incorporarse

 

Valga, 14 de outubro de 2025.

As actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, darán comezo a vindeira semana con máis de setenta persoas inscritas nas catro opcións que se propuxeron: estimulación cognitiva e memoria, talleres de expresión artística e pintura, andainas por distintas zonas do municipio e o obradoiro de autocoidado. O obxectivo destas iniciativas é mellorar a calidade de vida e o benestar da poboación de máis idade, ao tempo que se promove tamén a socialización.

Despois de manter xuntanzas informativas coas persoas inscritas, os horarios das actividades quedan da seguinte maneira:

  • “Envellecer con sentidiño”: estimulación cognitiva e memoria. Os martes de 10.00 a 11:30 no Auditorio e de 11:45 a 13:15 no CODI. Comezo o día 18 de novembro.
  • “Valga a vida”: autocoidado. Os mércores de 17:00 a 18:30 no Auditorio. Comezo o día 19 de novembro. En caso de que, durante o curso se reúna xente para formar máis grupos, valorarase a posibilidade.
  • “Pasos en igualdade”: andainas. Os luns de 17:00 a 18:30 horas. Comezo o día 24 de novembro. Cando as condicións meteorolóxicas impidan realizar a andaina, esta substituirase por outra actividade de carácter físico no interior do Auditorio.
  • “A arte de envellecer”: expresión artística e pintura. Os venres de 10:15 a 11:40 no CODI. Comezo o día 21 de novembro. Aquelas persoas que non poidan desprazarse polos seus medios dende a zona do Auditorio, serán recollidas con medios do Concello.

A inscrición para participar nestas actividades seguirá aberta durante todo o curso, cos seguintes prezos:

  • Memoria: 9 euros ao mes (6 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • Autocoidado: 18 euros ao mes (12 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • Andainas: 7’50 euros ao mes (5 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • Pintura: 15 euros ao mes (10 euros para persoas empadroadas en Valga).

No caso de persoas que participen en máis dunha actividade aplicarase un 25% de desconto á tarifa.

As follas de inscrición cubertas xunto coa solicitude de domiciliación bancaria poden entregarse no Concello ou enviarse por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

EnvellecementoActivoComezo

Volver