Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O espectáculo baseado no libro “Mar adiante” comezará ás 17:30 horas con entrada de balde

- Está organizado polas bibliotecas municipais dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”

FilipaCosContosBaixa

Valga, 30 de maio de 2018.

O espectáculo de narración, teatralización e musicalización “Filipa cos contos” presenta o luns na Casa da Cultura de Valga o seu novo repertorio, que presta especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa “Mar adiante”, adaptando contos incluídos nesta antoloxía.

A estes engádense outras historias tradicionais e do repertorio popular, música e humor repartidos entre os dous narradores que comparten escenario: o actor cuntiense Fran Campos e a súa amiga, a boneca Filipa. O espectáculo complétase con contos cantados acompañados da guitarra e xogos co público.

Trátase dunha sesión participativa dirixida a público infantil e familiar. Dará comezo ás 17:30 horas con entrada de balde.

A actividade está organizada polas bibliotecas municipais dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, da Rede Galega de Bibliotecas.

filipa

Volver