Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación, valorada en case 61.500 euros, financiarase con fondos do Plan Camiña da Consellería do Medio Rural

- Ademais da pavimentación da vía, tamén se reporán as tubaxes dos servizos de abastecemento e saneamento

ObraFornoTorre1

Valga, 26 de setembro de 2025.

A mellora do camiño entre os lugares de O Forno e A Torre está en execución. Esta semana deron comezo os traballos de acondicionamento desta vía de titularidade municipal, na que se investirán un total de 61.490’47 euros, coa colaboración económica da Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e do Plan Camiña.

As actuacións que recolle o proxecto son a limpeza e preparación do terreo, a reposición de tubaxes de saneamento e abastecemento de aguas, traballos de drenaxe, a pavimentación de 350 metros de camiño con base de grava e firme de aglomerando en quente e pintado da sinalización horizontal.

Con esta actuación trátase de mellorar as condicións de vida dos residentes na zona dotándoos dunha estrada pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Camiña.

      ObraFornoTorre2     ObraFornoTorre3

Volver