Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os nenos participantes recibiron a visita do porteiro do Celta, Sergio Álvarez

- O sábado a competición foi de categoría alevín, con triunfo para o Victoria F.C.

preb0

Valga, 28 de maio de 2018.

O Cordeiro A proclamouse onte domingo campión do torneo prebenxamín organizado polas categorías inferiores do clube e no que participaron dezaseis equipos. Na final, os locais venceron ao C.D. Lugo na tanda de penaltis, un triunfo que espertou a ledicia e os aplausos do público que acudiu ao campo municipal de Baño a presenciar a competición. O S.D. Villestro foi terceiro e o Arosa S.C. cuarto.

Na fase de consolación, a S.D. Aguiño clasificouse como primeira, E.F.M. Boiro foi subcampión e S.D. Chispa e S.D. Esclavitud ocuparon o terceiro e cuarto postos, respectivamente. O resto de equipos participantes foron Cordeiro B, E.D. Arousa, C.D. Sar Extramundi, Santiago C.F., E.D. Xuventude Oroso, Caldas C.F., Arosa B e Ulla C.F.

Durante a tarde os nenos recibiron a visita de Sergio Álvarez, porteiro do Celta, que fixo fotos con eles, asinoulles autógrafos e participou na entrega de premios xunto ao concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro.

Na xornada do sábado e tamén con dezaseis equipos participantes, celebrouse o torneo de categoría alevín, no que o Victoria F.C. foi campión, o Santiago C.F. segundo, C.D. Sar Extramundi terceiro e Arosa S.C. cuarto. Na fase de consolación gañou o C.D. Lugo, seguido do Ulla C.F., San Martín e o equipo feminino Viajes Interrías F.F.

Tamén competiron o Cordeiro C.F., Cordeiro B, Bertamiráns F.C., E.F.M. Boiro, C.D. Dodro, S.D. Villestro, Arousa F7 e Noia C.F..

O Cordeiro Fútbol Base ten programados para a vindeira fin de semana outros dous torneos de categorías infantil e cadete. O Concello de Valga colabora nestas actividades deportivas cedendo as instalacións municipais e o equipo de megafonía, aportando os trofeos e medallas e mobilizando persoal como efectivos do Grupo de Emerxencias e da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

preb1 preb2 preb3 preb4 preb5 preb6 preb7

Volver