Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O petisco co que participou foi unha croqueta de anguía rebozada en pasta kataife sobre chutney de mazá

- O Mandil de Prata recau no Café-Pub Pirata, cun bocado de sushi, e o de Bronce no Bar Pardal, cunha anguía macerada en caña tostada

GañadoresTapas2025

Valga,  1 de setembro de 2025.

A duodécima edición da Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” xa ten gañador: o Café-Bar O Pontellón, que se fixo coa vitoria por partida dobre. O petisco elaborado por este establecemento da Avenida da Coruña gañou tanto a votación do público coma o premio do xurado, que coincidiron en sinalar o seu “Bombón Pontellón” coma o bocado máis delicioso das oito propostas gastronómicas que participaron no certame. Esta tapa poderá degustarse de novo na XXXVI edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, no vindeiro ano 2026, e consiste nunha croqueta de anguía rebozada en pasta kataife sobre chutney de mazá.

Por votación popular entregáronse outros dous premios: os mandís de Prata e Bronce. O segundo clasificado foi o Sushi Pirata, do Café-Pub Pirata (un petisco de sushi nigiri e uramaki de anguía) e o terceiro posto recaeu no Bar Pardal e a súa “Anguía entre caña”, unha tapa de anguía crocante cun toque de caña tostada e unha salsa de pementos de Padrón.

Ademais dos tres gañadores, tamén participaron nesta iniciativa gastronómica Bar Maneiro, Vilarello Paradise, Café-Bar Couceiro, Pastelería Caprichos e Cafetería Auditorio.

A ruta de tapas contou cunha altísima participación por parte de veciños e visitantes que acudiron aos establecementos de hostalería para degustar os diferentes petiscos. Proba da gran acollida foi o número de votacións emitidas para elixir ás mellores tapas, que estiveron preto das 400, unha cifra notablemente superior á de edicións anteriores.

Entre todas as persoas que participaron na votación sorteáronse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local, e os gañadores foron:

- Inés Nieves Vieites

- Estefanía Alonso Roger

- Valentina Ferro Castaño

- Cruz Lage Gómez

- Sheila Varela Rodríguez

- José Ángel González Castaño

- Ramón Lagoa Jamardo

- Beatriz Barreiro Sumay

- Vanessa Escariz Jamardo

- Vanesa Buján Gómez

O sorteo efectouse durante a precata do Concurso da Caña do País e os catadores exerceron de mans inocentes.

TapaPontellón2025 TapaPirata2025

TapaPardal2025

Volver