Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O pontevedrés Diego Piay, mestre de Historia Antiga e experto en Prisciliano, é o autor da obra

- Hércules de Ediciones xa ten á venda tanto a versión en galego como en castelán

LibroValgaRomana

Valga, 26 de agosto de 2025.

Hércules de Ediciones vén de publicar, tanto en galego coma en castelán, o libro “O territorio de Valga en época romana. Do asentamento dos Cileni á villa Valliga”, de Diego Piay Augusto.

Esta obra, que proximamente será presentada en Valga e que conta co apoio do Concello e da Secretaría Xeral da Lingua, estuda os xacementos arqueolóxicos escavados ata o momento no municipio e que permiten reconstruír o relato da súa historia desde o período posterior á conquista romana, cando o territorio estaba habitado pola poboación dos cileni, e ata o final da antigüidade, pouco antes de que nas fontes escritas apareza a primeira referencia á villa Valliga

O autor, Diego Piay Augusto (Pontevedra, 1979), é mestre de Historia Antiga na Universidade de Oviedo e traballa, dende fai máis de vinte anos, no campo da arqueoloxía (dirixiu máis de 150 escavacións arqueolóxicas en Galicia e Asturias).

Doctorouse no ano 2016 na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a cualificación de Cum Laude e Mención Internacional. Ademais, a súa tese doutoral obtivo o premio especial de doutorado. Os seus traballos sobre Prisciliano e o movemento priscilianista (obxecto da súa tese) foron distinguidos tamén no ano 2021 co Premio Anassilaos, na cidade italiana de Reggio Calabria.

Ten publicados nove libros, todos eles monografías ou ensaios históricos sobre a antigüidade ("Villae romanas en Asturias" ou  "O Priscilianismo. Arqueoloxía e prosopografía. Estudo dun movemento aristocrático na Gallaecia tardorromana"), sobre elementos do patrimonio cultural coma o Castelo de Soutomaior ou as Torres de Oeste e tamén biografías históricas, coma a de Prisciliano. A súa obra máis recente é "Priscillian: Life and Death of a Christian Dissenter in Late Antiquíty" (Prisciliano: vida e morte dun disidente cristiano na antigüidade tardía), publicado pola editorial norteamericana Gorgias Press neste 2025.

Volver