Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación financiarase con fondos do Plan Camiña, para a conservación de camiños de titularidade municipal

- O prazo de presentación de ofertas para optar á adxudicación está aberto ata o 2 de setembro

CamiñoFornoTorre

Valga, 22 de agosto de 2025.

O Concello vén de licitar o proxecto de mellora dun camiño municipal entre os lugares de O Forno e A Torre para reverter o seu estado de deterioro. Investiranse un total de 61.490’47 euros, coa colaboración económica da Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e do Plan Camiña, un programa de axudas dirixido a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.

As actuacións que recolle o proxecto son a limpeza e preparación do terreo, incluíndo rozas; a pavimentación de 350 metros de camiño con base de grava e firme de aglomerando en quente; a reposición de tubaxes de saneamento e abastecemento de aguas; traballos de drenaxe; e pintado da sinalización horizontal.

Con esta actuación trátase de mellorar as condicións de vida dos residentes na zona dotándoos dunha estrada pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que se persegue con esta actuación.

As ofertas para optar á adxudicación desta obra poden presentarse ata o día 2 de setembro.

Volver