Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, representaron ao Concello no acto

- Lara Padín, Manuel Romero e Andrea Rodríguez foron galardoados como mellores expedientes en Ciencias e Humanidades

 gradu1

Valga, 24 de maio de 2018.

O IES de Valga despediu na tarde de onte a unha xeración de alumnos que, tras cursar 2º de Bacharelato, rematan a súa etapa no instituto. Vinte e catro estudanes recibiron os diplomas e as orlas nun acto celebradono Auditorio Municipal e que mesturou a nostalxia dunha etapa que se pecha coa ilusión ante o comezo de novos proxectos formativos e profesionais.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, representaron ao Concello na graduación. O rexedor afirmou que “é unha satisfacción para Valga contar con mozos tan formados e con tanto futuro”, aos que desexou novos éxitos académicos e profesionais. Transmitiulles o recoñecemento en nome de todos os veciños “polo traballo ben feito durante estes anos de instituto” e felicitou ás súas famlias porque “elas tamén forman parte deste éxito”.

Sobre esta promoción de alumnos, o director Roberto Barral, que tamén se despide este curso do IES de Valga, indicou que “é unha xeración moi potente que aproveitou moi ben esta etapa no instituto. Teñen futuro tanto a nivel académico e profesional, como a nivel persoal, como cidadáns cuns valores de xustiza e solidariedade”.

En representación dos profesores e como padriños de promoción, Juan Carlos Montejano (“Jano”) e Loli Rego pediron aos recén graduados que “sempre levedes no corazón a este instituto público e vos sintades orgullosos de ter estudado no IES de Valga”. Por último, Andrea Carlés, transmitiu en nome dos alumnos o agradecemento aos mestres e ás súas familias.

Durante o acto, que foi presentado por Xabier Martínez, entregáronse os premios Ángel Carracedo ao mellor expediente de Ciencias e IES de Valga ao mellor expediente de Humanidades e Ciencias Sociais. O primeiro recaeu en Lara Padín e o segundo compartírono Manuel Romero e Andrea Rodríguez.

Unha actuación musical a cargo de Lucía Ortigueira e Andrea Búa deu por rematada a graduación. 

gradu2 gradu4 gradu6 gradu7 gradu5

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.248132599068534.1073741989.131969484018180&type=1&l=a94955a06b

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver