Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os participantes nas actividades de conciliación realizaron esta mañá unha saída didáctica e lúdica á antiga mina

- Mañá remata a primeira quenda do mes de xullo e o mércores incorpóranse outros sesenta nenos e mozos

EV25 MinaMercedes1

Valga, 14 de xullo de 2025.

Os exploradores da Escola de Verán realizaron esta mañá unha saída á Mina Mercedes na que houbo tempo para o lecer pero tamén para o estudo da contorna.

O grupo desprazouse a pé dende o recinto do colexio Baño-Xanza, no que se desenvolven as actividades de conciliación, ata a lagoa, que converteron no seu lugar de xogos. Os cativos divertíronse no parque infantil, onde ademais aproveitaron para merendar.

Despois chegou o momento de investigar, percorrendo as distintas áreas deste espazo natural, unha antiga mina de extracción de arxila reacondicionada e recuperada como espazo social polo Concello. Observaron a flora da zona e, sobre todo a fauna: tanto a importante colonia avícola asentada na lagoa, coma vermes, saltóns e outros insectos que atoparon.

De regreso ao colexio, incorporaron todos os seus achados ao seu libro dos exploradores.

"Exploradores do saber" é a temática central deste verán nas actividades de conciliación, que están a piques de despedir aos participantes da primeira quenda. Mañá será o seu último día e o mércores incorporaranse outros 60 participantes para completar o mes de xullo.

EV25 MinaMercedes2 EV25 MinaMercedes3

Volver