Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Coñeceron as últimas novidades e avances técnicos no ámbito da maquinaria forestal

- Participaron en actividades coma corta de troncos, poda en altura e tallado con motoserra

Asturforesta1

Valga, 24 de xuño de 2025.
O alumnado da especialidade de forestais do Obradoiro de Emprego xuvenil participou nunha visita formativa á feira internacional Asturforesta, que se celebrou na localidade asturiana de Tineo e que é referente no sur de Europa e punto de encontro para os distintos axentes do sector forestal.

Os aprendices de Valga, Moraña e Portas estiveron acompañados pola directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, pola administrativa e o polo experto docente. Na feira tiveron a ocasión de coñecer os últimos avances técnicos en maquinaria forestal, motoserras eléctricas e rozadoras, que tiveron á súa disposición para poder probalas.

Participaron, ademais, nas seguintes actividades:

- Corte de troncos con diferentes ferramentas para fabricación de chans e laminados.
- Operación integral de manipulación e trituración de materiais forestais.
- Exhibición de mantemento de motoserra.
- Exhibición de poda en altura.
- Elaboración de esculturas con motoserras.

Durante a feira, os alumnos do Obradoiro coincidiron coa influencer Laura Vallejo, coa que puideron compartir a súa experiencia formativa.

No Obradoiro de Emprego Xóvenes, que comparten os concellos de Valga, Moraña e Portas, participan un total de dezaséis mozos desempregados. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

Asturforesta2 Asturforesta3

Volver