Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os camiñantes pasaron por Casal de Eirigo, Parafita, Martores e Laceiras en dirección a Padrón, onde remataba o percorrido

- Esta ruta duns 400 quilómetros une os santuarios marianos entre Braga e Muxía

PeregrinaciónViaMariana1

Valga,  23 de xuño de 2025.

Valga volveu a ser protagonista este domingo no percorrido por etapas da Vía Mariana que promove a asociación de Mulleres Rurais de Moraña e no que participan arredor dun cento de peregrinos.

Esta actividade xa tocara territorio valgués o pasado 1 de xuño, co remate da segunda etapa na capela de San Mamede dos Martores. E onte os camiñantes voltaron a Valga para completar a etapa entre a Capela da Saúde, en Casal de Eirigo, e o convento franciscano de Herbón (Padrón).

Os peregrinos pasaron por Parafita, percorreron a ruta das fervenzas, continuaron polos Martores e Laceiras e subiron ao Monte dos Penoucos e o Alto dos Salgueiros, zona na que se atopa o Petróglifo Pedra da Serpe.

Esta peregrinación en grupo iniciouse o pasado 18 de maio e co obxectivo de completar os arredor de 400 quilómetros da Vía Mariana, que discorre entre Braga e Muxía e que une os santuarios de devoción mariana de Galicia e do Norte de Portugal.

PeregrinaciónViaMariana2 PeregrinaciónViaMariana3

Volver