Data e hora: Mércores, 25 de xuño de 2025 ás 20:10 horas.
Lugar: Salón de Plenos.
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación da acta da sesión anterior celebrada en data 6 de maio de 2025.
2. Expediente 566/2020. Aprobación de informe de seguemento do Plan de Acción polo clima e a enerxía sostible (PACES).
3. Expediente 912/2022. Aprobación do Plan Municipal de Cidade Saudable (RECS).
4. Expediente 408/2025. Festivos locais 2026.
5. Expediente 403/2025. Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Solicitude de declaración de Interese Turístico Nacional.
6. Expediente 292/2025. Aprobación de delimitación de áreas comerciais protexidas en aplicación do artigo 76.5 da Lei 5/2024.
7. Expediente 239/2025. Concesión demanial de ben de dominio público.
8. Moción do grupo municipal do BNG sobre a creación dun espazo municipal de traballo colaborativo que facilite a labor dos emprendedores e atraia novo talento local.
B) Actividade de control
9. Dar conta das resolucións de Alcaldía (artigo 42 do ROF).
10. Dar conta do informe de Intervención sobre a remisión da liquidación do presuposto municipal de 2024.
11. Dar conta do informe de Intervención sobre a execución trimestral do orzamento correspondente ao 1º trimestre de 2025.
12. Dar conta do informe de Intervención sobre o cálculo do período medio de pagamento a provedores correspondente ao primeiro trimestre de 2025.
13. Dar conta do informe de Intervención sobre o cumprimento de prazos de pagamento correspondente ao 1º trimestre de 2025.
14. Mocións de urxencia.
15. Rogos e preguntas.