Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Arredor de quince artistas afeccionados participan nesta mostra colectiva que pode verse no Auditorio

- As clases de expresión artística contribúen ao envellecemento activo e ofrecen ofrecen aos asistentes alternativas de ocio

CSéniorPintura1

Valga, 20 de xuño de 2025.

As clases de pintura que se imparten dentro do programa Campus Sénior, de envellecemento activo, pechan o curso a finais deste mes e, a modo de clausura, os seus participantes protagonizan unha exposición no Auditorio Municipal con algunhas das obras realizados durante os últimos meses. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, estiveron esta mañá vendo os cadros e aproveitaron para entregar os diplomas da actividade.

Son unha quincena os artistas noveis os que participan nesta mostra colectiva: Carmen García Costa, Nela do Perrujo, Carmen Miguéns Iglesias, Inés Nieves, Edelmira Ferro, Esther Pérez Blanco, Isaura Tanoira Martínez, Elena Barreiro Cotón, Mª Carmen Precedo Barros, Áurea Palmero, Nadia Abdul, Severino Crespo Souto, Asunción Buceta, Josefa Cortés e Joaquín Serén. A todos eles o alcalde animounos a continuar con esta afección. “Para nós é un pracer que participedes nesta actividade, que o pasedes ben, desfrutedes e vos manteñades activos”, dixo o Bello Maneiro.

Foron case unha trintena as persoas que asistiron ás sesións de expresión artística do Campus Sénior, que imparte Ángeles Garrido no CODI e no Auditorio Municipal. Nestas clases practican pintura sobre diferentes soportes, dende lenzo ata tella, taboa ou cristal, entre outros. Son unha demostración de que nunha é tarde para comezar novas actividades culturais e de ocio.

CSéniorPintura2 CSéniorPintura3

Volver