Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación participaron no acto que tivo lugar no Auditorio

- Bello Maneiro felicitounos polos bos resultados e incidiu na importancia de dominar idiomas

Idiomas25 1

Valga, 20 de xuño de 2025.
O número de alumnos que asisten durante a temporada escolar ás clases de inglés que se imparten no Auditorio Municipal segue a medrar ano tras ano e neste curso que agora conclúe foron case medio cento. Esta tarde entregáronse os diplomas nun acto ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez.

Moitos nenos, dende 1º curso de Primaria, e mozos ata segundo de Bacharelato participaron nesta actividade dende o pasado outono, traballando distintas destrezas da lingua inglesa como gramática, comprensión auditiva e, principalmente, a fala. “A expresión oral é no que máis procuro incidir”, explica a mestra María Cobo, do Centro de Idiomas Waterford, que considera que este foi “un bo curso”, tanto polo aumento de matrícula como polos bos resultados académicos. Algúns dos alumnos veñen de realizar nos últimos días o exame de nivel B2. Ademais,destaca, “tamén tivemos neste curso un grupo de adultos que, aínda que non moi numeroso, funcionou moi ben”.

O alcalde felicitou aos estudantes polos bos resultados acadados e tamén ás familias “polo esforzo que realizan para traelos ás clases durante todo o ano”. Bello Maneiro fixo fincapé na importancia, cada vez maior, de dominar idiomas e, prioritariamente, o inglés, polo que confirmou que o Concello seguirá apostando por esta actividade.

Idiomas25 2 Idiomas25 3

Volver