Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participa o alumnado de Educación Primaria, dende 1º a 6º cursos

- A actividade pretende, tamén, fomentar a igualdade e previr os malos tratos

Mensaxes

Valga, 24 de maio de 2018.

O Centro de Información á Muller (CIM) desenvolve desde hoxe no colexio Xesús Ferro Couselo o obradoiro “Princesas e príncipes. Novas feminidades e masculinidades”, unha acción de prevención da violencia de xénero e fomento da igualdade que imparte a psicóloga Marcela Santorum.

Participa o alumnado de Educación Primaria, dende 1º a 6º cursos, adaptándose os contidos e as dinámicas a cada grupo de idade e tendo en conta que dende a infancia a adquisición de papeis estereotipados de xénero condicionan a nosa personalidade e configuran os nosos valores, ideas e perspectiva da vida.

Os obxectivos fundamentais desta proposta educativa son promover a igualdade, redefinir os condicionamentos distorsionados de xénero, incorporar a través do xogo de roles novas definicións de identidade, educar no respecto á diversidade e previr os malos tratos fomentados pola visión sexista dos roles sociais.

Este obradoiro enmárcase dentro do programa de actividades formativas e de sensibilización e prevención da violencia de xénero organizado polo CIM.

Volver