Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Corresponde aos cuartos de final e enfrontan a Peleteiro vs Artes e a Atlético Oleiros vs Milladoiro

- A delegación de Santiago da Federación Galega elixiu os campos de Valga como idóneos para as eliminatorias

campocampaña

Valga, 23 de maio de 2018.

As instalacións deportivas municipais de Campaña acollen o vindeiro domingo dous partidos de fútbol da promoción de ascenso a Segunda Autonómica que se disputa mediante sistema de eliminatorias.

En concreto, os encontros que terán lugar en Valga corresponden aos cuartos de final e dispútanse en campo neutral. Ás 17 horas enfrontaranse a A.D. Manuel Peleteiro e o C.D. Artes e, unha vez rematado este partido, ás 20 horas comezará o Atlético Oleiros fronte ao Milladoiro S.D.

A delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol entendeu que os campos de Campaña son os idóneos para acoller estas contendas, o que é reflexo do bo nivel das instalacións deportivas coas que conta o municipio e do clima de colaboración existente entre o Concello e a Federación.

Volver