Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Deste xeito poñen en práctica os coñecementos sobre o oficio que previamente adquiriron nas sesións teóricas

- O proxecto formativo conta cunha segunda especialidade: a de traballos forestais

ObraXuvenilAlbanelería1

Valga, 22 de maio de 2025.

O alumnado da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego xuvenil leva semanas centrado na execución de varias obras en Valga, coma o acondicionamento dunha das antigas casas dos mestres, en Baño, e do edificio da Escola Taller, no lugar do Forno.

Avanzada xa a formación que están a recibir neste oficio, os aprendices poñen deste xeito en práctica os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e nos talleres.

Por exemplo, na casa dos mestres executaron traballos coma o rascado da pintura das paredes, tanto interiores coma exteriores, e a súa preparación para un novo pintado.

Nas instalacións da Escola Obradoiro levaron a cabo o tratamento de paredes interiores e exteriores, pintado de aulas, zonas de talleres e espazos comúns, preparación e nivelado de chans e colocación de plaquetas en varias estancias.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes, que desenvolven conxuntamente os concellos de Valga, Moraña e Portas, está a formar a un total de dezaseis persoas nas especialidades de albanelería e traballos forestais. O proxecto é cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

ObraXuvenilAlbanelería2 ObraXuvenilAlbanelería3

Volver