Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O neno Tahen Tahen fórmase co Promotion Program do CSM, cunha bolsa da fundación Baremboin Said for Music de Palestina 
 
- Usuarios de varios Centros de Día e colectivos sociais da bisbarra asisten aos concertos no Auditorio
IMG 20250514 WA0004
Valga, 15 de maio de 2025.
 
O Centro Superior de Música (CSM Galicia) celebra está semana dúas novas audicións no Auditorio Municipal ás que asisten como público usuarios de diversos colectivos de carácter social da bisbarra, co obxectico de favorecer a súa plena inclusión en ámbitos coma o social ou o cultural, entre outros. 
 
Onte estiveron presenciando as actuacións cos músicos do CSM as asociacións Asdivalu, Amipa e Lar Pro-Saúde Mental. Sobre o escenario estiveronos solistas Diego Reboredo, Xenxo González, Valeria Miranda, Irene Vázquez e Alonso Pinilla. Ademais, tamén actuaron varios grupos de cámara dos que formaban parte José Restrebada, Gloria Gómez, Darvin Villar, Diego Reboredo, Valeria Miranda, Xenxo González, Carmen Fuxing e Paula Díaz. 
 
Está mañá celébrase un novo concerto que terá como público a usuarios dos Centros de Día de maiores de Valga, Vilagarcía e Portas e a membros da asociación Con Eles. 
 
Ademáis dos alumnos do Centro Superior de Valga, estas dúas audicións tamén contan coa actuación especial de Taher Taher, un músico de 10 años, que participa no Promotion Program do CSM e que conta cuenta bolsa da fundación Baremboin Said for Music, de Ramallah (Palestina).
 
Con estes concertos dase por finalizado o ciclo de audicións do CSM deste curso 2024/2025, a falta tan só dunha especial do Departamento de Jazz que se celebrará a vindeira semana.
IMG 20250514 WA0005 IMG 20250514 WA0006
Volver