Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participaron maiores do Centro de Día de Valga, as asociacións Asdivalu, Amipa, Lar e Andaina e un grupo de refuxiados

- Á vez que os estudantes do CSM se habitúan ao escenario, estas actividades favorecen a socialización das persoas asistentes

AudiciónAbrilCSM1

Valga, 30 de abril de 2025.

Usuarios e membros de varios colectivos de carácter social asistiron ás audicións do mes de abril do Centro Superior de Música (CSM Galicia), que se celebraron a finais da pasada semana no Auditorio Municipal.

O concerto do xoves tivo como público aos maiores do Centro de Día de Valga, aos que acompañaron usuarios da asociacións Andaina e Amipa. Os artistas que actuaron foron Diego Reboredo (trompeta), Martín Moares (clarinete), Yassmín Noel Bolívar (frauta), Valeria Miranda (frauta) e Érika Sineiro (piano). Para pechar o concerto, saíu ao escenario o grupo de cámara formado por Yassmín, Martín e Irene Vázquez.

Na mañá do venres, déronse cita no Auditorio os colectivos Asdivalu e Lar Pro Saúde Mental, de novo os usuarios do Centro de Día e un grupo de refuxiados aloxados no Corona de Galicia. Neste caso, o concerto correu a cargo de Irene Vázquez, Alonso Pinilla e Carmen Fuxing Ferrer Rivas. Esta última tamén ofreceu unha actuación conxunta con Paula Díaz Camacho.

Coa organización destas audicións o alumnado do CSM adquire experiencia escénica e a desenvolverse en actos con público, mentres que se favorece a socialización das persoas asistentes.

AudiciónAbrilCSM2

Volver