- O alumnado está a adquirir destrezas no manexo do ordenador e nas principais aplicacións ofimáticas
- O módulo tamén inclúe unha aproximación á robótica e á impresión en tres dimensións
Valga, 22 de abril de 2025.
O alumnado do Obradoiro de Emprego xuvenil está a adquirir nocións de informática básica nun módulo que se está a impartir na Aula CeMIT por parte da técnica responsable da mesma, Vanessa Losada.
O obxectivo desta formación é que os participantes, un total de dezaseis, se familiaricen co funcionamento dun ordenador, acadando unhas destrezas básicas no sistema operativo e aprendendo a realizar operacións elementais, a utilizar as principais aplicacións en ofimática e a navegar por Internet. En definitiva, que sexan capaces de empregar de forma autónoma un ordenador e as diferentes ferramentas informáticas que teñen á súa disposición.
O emprego de procesadores de texto, realizar buscas na rede e trámites a través da administración electrónica, impresión 3D e robótica foron algúns dos contidos deste módulo. Ademais, tamén se tratou a accesibilidade informática e as ferramentas que permiten que as persoas con discapacidade poidan empregar un computador.
O Obradoiro de Emprego Xóvenes, que desenvolven conxuntamente os concellos de Valga, Moraña e Portas, está a formar aos participantes nas especialidades de albanelería e forestais. O proxecto é cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.