Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Montse Rivera explicou como vestían os nosos antepasados e os materiais cos que se fabricaban as teas

- A narración acompañouse de cantigas e poemas e catro persoas do público puideron probar as prendas

traxe1

Valga, 22 de maio de 2018.

O Auditorio recibiu o pasado domingo a Montse Rivera e ao seu espectáculo “Cóntoche un traxe”, unha viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos antepasados.

Durante a actividade explicouse como e con que teas, fundamentalmente liño e lá, se facían os traxes tradicionais galegos e como os materiais empregados eran reflexo da posición social e económica de cada familia. Para dar dinamismo á narración, esta acompañouse de cantigas referidas ás pezas de roupa, versos nos que se aludía a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais.

Se ben o obradoiro tivo como atractivo principal vestir aos asistentes como o facían os seus tataravós. Catro persoas do público tiveron a oportunidade probar o traxe tradicional galego, tanto o feminino como o masculino de adultos ou infantil.

traxe2 traxe3 traxe4

Volver