- O torneo foi organizado polo Club Karate de Valga, que participou con 35 deportistas e acadou o terceiro posto no medalleiro
- O alcalde e os concelleiros de Deporte e Xuventude participaron na entrega de medallas aos gañadores
Valga, 25 de marzo 2025.
O pavillón municipal de Beiro acolleu o sábado unha xornada chea de actividade deportiva da man do Club Karate de Valga, que organizou o seu IX Campionato de Karate.
Esta cita reuniu a arredor de 280 deportistas pertencentes a 23 clubs de Pontevedra, Teo, Carballo, A Coruña, Negreira, Ferrol, Vigo, Santiago, Fene, Ares, Lugo, A Laracha, Narón, Cedeira, Ribadavia e mesmo do municipio madrileño de Collado Villalba. A xornada deu comezo ás 10 da mañá e prolongouse ata as 9 da noite.
O equipo anfitrión, o Club Karate de Valga, participou con 35 deportistas e acadou o terceiro posto no medalleiro.
Quedaron campións do torneo:
- María Ángeles Diego en kumite alevín >32 kg
- Paulo Dopazo en kumite alevín >34 kg
- Carla Gómez en kumite infantil >42 kg
- Ana Otero en kata sénior
Subiron ao segundo posto do podio:
- Lope Cascallar en kata alevín
- Ángel Rodríguez en kata cadete
- Julia Rial en kumite alevín >32 kg
- Rosalía Carril en kumite infantil >42 kg
- Icía Reboiras en kumite xuvenil <52 kg
- Ana Otero en kumite sénior open
E alzáronse co bronce:
- Lía Sánchez en kata benxamín
- Icía Reboiras en kata xuvenil
- Alejandra Trenco en kata júnior
- Lope Cascallar en kumite alevín <34 kg
- Daniela Vázquez en kumite alevín <32 kg
- Vera Beiroa en kumite alevín >32 kg
- Javier Rial en kumite infantil <45 kg
- Daniel Fuentes en kumite infantil >45 kg
- María Piñeiro en kumite infantil <42 kg
- Adriana Romero en kumite infantil >42 kg
- Ángel Rodríguez en kumite cadete <63 kg
O alcalde, José María Bello Maneiro; o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro; e o edil de Cultura e Xuventude, Pedro Calvo, achégaronse ao pavillón municipal para gozar da actividade deportiva e participaron, ademais, na cerimonia de entrega de medallas, xunto á presidenta do Club Karate de Valga, Lara Álvarez, e o director técnico da Federación Galega de Karate, José Alberto Álvarez.
O goberno local quere transmitir os parabéns aos medallistas, a todos os participantes e, especialmente, ao Club Karate Valga pola organización do torneo e polo traballo que desenvolve en Valga fomentando a actividade deportiva.