Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

• O alcalde participou esta mañá nunha visita á empresa, acompañando ao delegado do Goberno

• Cada posto de traballo na factoría de Campaña supón outros catro ou cinco en industrias auxiliares

UrovesaAlcaldeDelegado

Valga, 17 de marzo de 2025.

O alcalde, José María Bello Maneiro, participou esta mañá nunha visita á factoría de Urovesa, acompañando ao delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, quen destacou a cooperación existente entre o Goberno español esta empresa “de referencia internacional no sector da tecnoloxía militar e a automoción”. Tamén estiveron na sede valguesa da fábrica a segunda tenente alcalde e concelleira de Industria, Carmen Gómez; o xeneral xefe do Mando de Apio á Maniobra, Marcial González; o xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Gonzalo Villar; o delegado de Defensa en Galicia, Jesús Ángel Paz; e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada. A delegación foi recibida polo presidente de la empresa, Justo Sierra.

Urovesa ten actualmente en vigor contratos por valor de 170 millóns de euros co Goberno de España. O principal, para a fabricación dos vehículos tácticos Vamtac, cun investimento de 146 millones de euros. Tamén destaca a aposta pola innovación cun contrato de 700.000 euros para o desenvolvemento dun prototipo de vehículo con propulsión mediante pila de hidróxeno. Recentemente tamén se asinou o contrato de mantemento da flota Vamtac por valor de 9 millóns, para garantir a posta a punto dos vehículos de alta mobilidade do Exército; así coma outro contrato de 7’4 millóns para o mantemento dos camións do Exército de Terra.

O delegado do Goberno destacou que Urovesa “representa a capacidade innovadora e industrial de Galicia, apostando pola creación de tecnoloxía de vangarda e comprometéndose co talento e o emprego de calidade. Cada posto de traballo supón outros catro ou cinco na industria auxiliar da zona”, polo que, dende Valga, Urovesa é “un tractor económico para toda Galicia”.

Volver