- O concelleiro Álvaro Fernández asistiu, xunto ao responsable e un membro da agrupación valguesa, ao acto de entrega na Estrada
- O novo equipamento inclúe varias ferramentas eléctricas coma taladro, motoserra ou rebarbadora
Valga, 15 de marzo de 2025.
A agrupación de Protección Civil recibiu esta mañá nun acto na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na Estrada, un equipo de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.
Na entrega participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e en representación do Concello asistiu o concelleiro de Seguridade, Álvaro Fernández, que acompañou a José Manuel Otero "Camaño", responsable de Protección Civil de Valga, e José Ferro, membro da agrupación.
O equipo que recibiron está formado por un taladro, rebarbadora, motoserra, serra de sable e unha maleta con outras ferramentas.
Durante a entrega, Rueda reivindicou o papel dos voluntarios como piar do modelo de emerxencias de Galicia e destacou o seu "traballo e espírito de servizo".