- A aportación do Instituto Enerxético de Galicia foi de 5.222’25 euros, dun investimento total de 8.350’80
- O goberno municipal aposta polas enerxías renovables, polas súas vantaxes tanto económicas coma ambientais
Valga, 5 xullo de 2024.
O Concello investiu 8.350’89 euros nas obras de subministración e instalación de paneis fotovoltaicos no edificio do Museo da Historia, contando cunha subvención de 5.222’25 euros do Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Os traballos, que remataron nos últimos días, foron executados pola empresa Coversun.
Este sistema, que transforma a radiación solar en enerxía eléctrica, é un dos máis eficientes do sector das renovables e aporta vantaxes tanto económicas como medioambientais. Instaláronse, en total, nove módulos fotovoltaicos cunha potencia unitaria de 550 Wp. Atópanse na cuberta e a enerxía eléctrica que xeran é enviada a un inversor conectado á rede interior do edificio.
O modelo de paneis seleccionado conta coa última tecnoloxía presente no mercado, destacando as seguintes características:
- A súa elevada eficiencia, que permite acadar valores de conversión de 21’3%
- Facilita a captación de radiación diminuíndo as perdas
- Optimiza a producción en zonas con sombreados parciais
- Baixa degradación