• O mellor disfrace de Valga foi “Fitipalas”, que tamén trunfaron na categoría de grupo de adultos
• O desfile contou con máis de trinta inscricións e repartiu 2.850 euros
Valga, 9 de marzo de 2025.
O Desfile de Entroido que se celebrou esta tarde nas inmediacións do Auditorio Municipal reuniu a máis de trinta participantes, entre disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas. Ademais das inscrición locais, houbo tamén unha importante presenza de concursantes chegados doutras localidades, con procedencias moi diversas: Pontecesures, Catoira, Rois, Moraña, Meis, Barro, Caldas, Portas,Ordes, Laraño, Chapela, Brión ou A Pobra do Caramiñal.
O certame, que constaba de vinte premios valorados en 2.850 euros, tivo como xurado a representantes de colectivos culturais e educativos do municipio: Juan Carlos Sanmarco, da ANPA do IES de Valga; Vanesa Chaves, da ANPA do colexio Ferro Couselo; Beatriz López, da ANPA do CEIP Baño-Xanza; Rita Mª López, da ANPA do CRA; Fabián Jamardo, da asociación cultural Musival; Encarna García, representante do teatro local; e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo.
Os participantes fixeron un pequeno percorrido por Ferreirós, pasando por diante do Auditorio e representando os seus bailes e espectáculos ante o xurado. Despois, mentras este deliberaba, actuou a maga Leo Leíño, que ofreceu un show de centrado na igualdade.
O galardón á mellor comparsa de adultos foi para “Xardín Armatroulas”, de Laraño; e o mellor grupo foi “Fitipalas”, de Valga. En categoría infantil, a comparsa máis valorada polo xurado foi “Os medios de transporte do CRA de Valga”; e en grupos gañaron “Circus”, de Rois. Outro dos galardóns principais foi o mellor disfrace de Valga, no que repetiron premio “Fitipalas”.
Esta é a lista completa de gañadores:
INFANTIL INDIVIDUAL:
1º premio (50 euros): A volta ao mundo, de Meis
2º premio (40 euros): Panadería Belén, de Pontecesures
3º premio (30 euros): O tren de varela, de Valga
4º premio (20 euros): O amigo dos paxaros, de Padrón.
PARELLAS INFANTÍS:
1º premio (70 euros): As fadas, de Valga
2º premio (40 euros): Mini Grease, de Brión
GRUPOS INFANTÍS
1º premio (100 euros): Circus, de Rois
COMPARSAS INFANTÍS:
1º premio (200 euros): Os medios de transporte do CRA de Valga
2º premio (100 euros): Ochenteros, de Padrón
ADULTO INDIVIDUAL:
1º premio (80 euros): Non estaba morto, estaba de parranda, de Laraño
2º premio (40 euros): O home do saco, de Valga
PARELLAS ADULTOS:
1º premio (120 euros): Os máis cafeteiros, de Chapela
2º premio (60 euros): A volta ao mundo, de A Pobra do Caramiñal
GRUPOS ADULTOS:
1º premio (200 euros): Fitipalas, de Valga
2º premio (100 euros): Vou prender as picas, de Rois
COMPARSAS ADULTOS:
1º premio (800 euros): Xardín Armatroulas, de Laraño
2º premio (500 euros): Dando a nota, de Ordes
3º premio (150 euros): Os pallasos da tele, de Negreira
MELLOR DISFRACE DE VALGA:
Premio único (100 euros): Fitipalas