Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É o segundo serradoiro de Galicia en termos de consumo anual de madeira

- María Jesús Lorenzana destacou a potencialidade da cadea monte-industria en Galicia, que abrangue máis de 3.000 empresas

LorenzanaSerreriasRodriguez1

Valga, 8 de marzo de 2025.
O sector industrial valgués segue a demostrar a súa fortaleza en sectores diversos coma o forestal, no que Serrerías Rodríguez é unha das firmas punteiras do noso concello. De carácter familiar e dedicada ao aserrado de madeira, esta empresa iniciou a súa actividade en 1958 e dende entón o seu crecemento foi constante grazas á súa aposta pola innovación tecnoloxica

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da compañía, xunto ao alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez. Lorenzana destacou que Serrerías Rodríguez é o segundo serradoiro de Galicia en termos de consumo anual de madeira e puxo de manifesto a aposta que vén realizando dende fai anos pola modernización apoiándose en programas de axudas coma o da Axencia Galega da Insutria Forestal para a renovación de maquinaria e equipamento, acondicionamento de instalacións e comercialización de produtos.

Nos últimos seis anos, indicou Lorenzana, a Xunta leva concedido 624 axudas, máis do 17 % (105) na provincia de Pontevedra por importe de 9’6 millóns de euros. Esta edición conta cun orzamento de 10 millóns con apoios que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros “para reforzar a competitividade da cadea monte-industria en Galicia, que abrangue máis de 3.000 empresas (o 12 % do emprego industrial), e que afronta retos como o peche de ciclos ou a extensión dos novos usos da madeira”, indicou a conselleira.

LorenzanaSerreriasRodriguez2 LorenzanaSerreriasRodriguez3

Volver