Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

Manifesto8m1

 Valga, 7 de marzo de 2025.

Con motivo do 8 de Marzo, o Concello de Valga conmemora este Día Internacional da Muller, reafirmando o compromiso do concello cos dereitos das mulleres, cara a acadar a igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social local dende o pulo de medidas concretas que reforcen os dereitos das mulleres e as nenas, para que sexan protagonistas do seu propio presente.

Este ano facemos un chamado á acción para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres, e en especial as mulleres novas e as nenas, promovido pola ONU.

 En 1995 sentáronse as bases para o avance dos dereitos das mulleres e nenas en todo o mundo, desde a intervención as políticas, os programas e o investimento que teñen efecto na educación, a saúde, a paz, os medios, a participación política, o apoderamento económico e a eliminación da violencia que aínda padecen.

Trinta anos despois segue sendo necesario reforzar a nivel global e local a aplicación de medidas en tres áreas clave:

  • Fomento dos dereitos das mulleres e nenas fronte a toda forma de violencia, discriminación e explotación.
  • Promoción da igualdade de xénero elevando as voces das mulleres e nenas para acabar coas desigualdades.
  • Impulsar o apoderamento garantindo o acceso inclusivo de mulleres e nenas á educación, o emprego, o liderado e os espazos de toma de decisións.

As mulleres seguen a padecer máis dificultades que os homes para desenvolver a súa vida persoal e profesional. Por iso, os concellos e as demais administracións deben ser conscientes da necesidade de avanzar na representación paritaria de mulleres e homes na nosa sociedade.

Para iso debemos, entre outras medidas:

  • Impulsar o apoderamento garantindo o acceso inclusivo de mulleres e nenas á educación, o emprego, o liderado e os espazos de toma de decisións.
  • A incorporación da perspectiva de xénero en todas as políticas e programas locais, garantindo que se tomen en conta as necesidades e realidades específicas de mulleres e nenas nas nosas accións.
  • A aplicación de medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego, promovendo a participación equitativa de mulleres en todos os niveis e sectores laborais.
  • A atención específica ás nenas e ás mulleres novas; ás mulleres do medio rural, e ás mulleres con discapacidade, para acadar as reivindicacións sinaladas nesta declaración institucional.
  • Desenvolver campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, dando apoio integral ás mulleres e as e as nenas vítimas e traballando na erradicación da violencia machista.

Para finalizar, facer mención especial ao compromiso do concello de Valga co deporte feminino. Este ano poñemos en manifesto os logros acadados por mulleres deportistas de Valga. Mulleres que rompen cos estereotipos e nos demostran que o verdadeiro espírito do deporte é igualdade.

      Manifesto8m2      Manifesto8m3

Volver