- A nova estrutura é de madeira de abeto, tratada para aumentar a súa durabilidade
- A balaustrada delimita a beirarrúa existente na zona do talude da estrada PO-548
Valga, 25 de febreiro de 2025.
Os participantes no Obradoiro de Emprego Ulla-Umia continúan a executar as obras de utilidade pública recollidas no proxecto, coma a renovación de parte da varanda de madeira na zona de aparcadoiro xunto á igrexa parroquial de Santa Comba de Cordeiro.
Esta actuación afectou a un tramo de arredor de cen metros lineais, nos que se retirou a vella varanda que delimita a beirarrúa do talude da estrada PO-548. Para substituíla colocouse unha nova estrutura formada por balaústres con bases de ferro galvanizado unidos por dous listóns horizontais e o pasamáns. A madeira empregada é de abeto e está tratada en autoclave para aumentar a súa durabilidade e resistencia fronte á intemperie.
Estes arranxos permitiron reforzar a seguridade na zona para evitar caídas accidentais, xa que a vella varanda atopábase moi deteriorada debido á súa antigüidade.