- A randeeira “pai-fillo” conta cunha estrutura dobre e enfrontada que permite que dúas persoas se balanceen ao mesmo tempo
- Foi colocada nos últimos días e xa está habilitada para o seu uso
Valga, 28 de febreiro de 2025.
O parque da Mina Mercedes continúa incorporando equipamentos, desta volta un novo xogo para a área infantil, co obxectivo de seguir ofrecendo aos máis cativos alternativas para a súa diversión.
E, neste caso, poderán facelo acompañados xa que xogo colocado nas últimas xornadas é unha randeeira “pai-fillo” que conta cunha estrutura dobre que permite que dúas persoas –un adulto e un neno– compartan momentos de ocio.
Esta randeeira enfrontada está formada por un asento dobre (un plano e unha cadeira envolvente para bebé), de xeito que un cativo e un adulto poidan balancearse á mesma altura sentados un fronte ao outro e mantendo o contacto visual para aportar seguridade.
Ao lado conta con outra randeeira simple con asento plano.
As dúas pezas do xogo están unidas por unha estrutura e traveseiro metálicos.