Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A parte teórica consistiu nunha charla sobre a correcta separación dos distintos tipos de lixo

- Despois, os alumnos participaron en visitas a un centro de compostaxe e ao Punto Limpo

ObradUU Residuos1

Valga, 17 de febreiro de 2025.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia, no que participan veciños dos concellos de Valga, Portas e Moraña, continúan adquirindo formación, tanto nas profesións de carpintería e forestais, coma noutros contidos complementarios relacionados, por exemplo, coa xestión de residuos e a compostaxe.

Esta xornada foi impartida pola mestra composteira do Concello, Silvia Torres. Os aprendices asistiron primeiro a unha charla teórica, na que se lles explicaron nocións básicas sobre a xestión e separación dos distintos tipos de residuos e algúns dos servizos que, relacionados con esta materia, presta o Concello, coma o Punto Limpo.

Tamén lles explicou en que consiste a reciclaxe de residuos orgánicos a través da compostaxe, un sistema que o Concello implantou coa colaboración da Deputación e que supuxo, ata o de agora o reparto dun milleiro de composteiros domésticos entre as familias do municipio e a creación de seis centros de compostaxe comunitaria na Avenida da Coruña, na rúa Doutor Oya Salgueiro, no colexio de Baño e en tres grandes produtores de biorresidos: o hotel Corona de Galicia, o restaurante Gran Barril e a empresa Extrugasa.

Silvia Torres incidiu na importancia da reciclaxe tamén no ámbito laboral, poñendo énfase na xestión dos residuos orgánicos que son resultado do traballo no ámbito forestal: restos de cortas, podas ou talas.

ObradUU Residuos2 ObradUU Residuos3

Volver