- A selección realizarase mediante o sistema de concurso de méritos
- O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días naturais
Valga, 7 de febreiro 2025.
O Concello vén de convocar o concurso para cubrir, de xeito temporal e por substitución, unha praza de traballador social.
O contrato será a tempo completo ata que finalice a situación de incapacidade da persoa titular da praza.
Para optar á praza é imprescindible estar en posesión do título de diplomado ou graduado en Traballo Social e tamén se debe acreditar o coñecemento da lingua galega coa presentación, como mínimo, do certificado do Celga 4. No caso de non posuír esta titulación, realizarase un exercicio a posteriori que consistira na tradución dun texto de castelán a galego e que se valorará como apto ou non apto.
Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán cubrir a correspondente folla de solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
• Fotocopia cotexada do DNI ou pasaporte en vigor.
• Fotocopia cotexada da titulación requirida para o acceso ó posto ou o xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo.
• Declaración de non estar afectado por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
• Declaración de non padecer enfermidade que impida desenvolvemento das funcións a levar a cabo.
• Relación de méritos que alega e documentación xustificativa orixinal ou debidamente compulsada de cada un deles.
A selección realizarase polo sistema de concurso de méritos, valorándose a experiencia profesional, cursos de formación e perfeccionamento e, por último, unha entrevista persoal.