Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Dispútanse sábado e domingo a partir das 9 da mañá no campo municipal de Baño

- O Concello colabora cedendo as instalacións deportivas e o sistema de megafonía e aporta os trofeos

biberon

Valga, 16 de maio de 2018.

O Cordeiro Fútbol Base organiza esta fin de semana senllos torneos de categorías biberón e benxamín que contarán coa participación dun total de trinta e dous equipos e que se disputarán no campo municipal de Baño.

O sábado a partir das 9 da mañá terá lugar a competición de categoría benxamín, con 16 equipos: Arosa Promesas, Ulla C.F., Cordeiro C.F., Moraña C.F., Escola de Fútbol Municipal de Boiro, S.D. Villestro, E.D. Arousa, C.D. Sar Extramundi, Santiago, C.D. Dodro, Bertamiráns F.C., A.D. Nicrariense, C.D. Lugo, S.D. Aguiño, C.F. Carreira e Arousa F7.

O domingo, tamén a partir das 9, disputarase o torneo cos máis cativos de categoría biberón. Os equipos participantes son: Cordeiro C.F., Arosa Escola, E.F.M. Boiro, Atlético Cuntis, Arosa S.C., S.D. Esclavitud, Compostela S.D., S.D. Villestro, E.F.M. Boiro “B”, Sálvora C.F., Moraña C.F., Céltiga F.C., E.F.B. Vilanova, Xuventú Oroso, A.D. Nicrariense e Victoria F.C.

A entrega de premios terá lugar a partir das 20 horas tanto o sábado coma o domingo.

Estas actividades deportivas contan coa colaboración do Concello, que cede as instalacións municipais e o sistema de megafonía e aporta os trofeos que se entregarán a todos os equipos.

O Cordeiro Fútbol Base ten previsto outros catro torneos de categorías prebenxamín, alevín, infantil e cadete para a última fin de semana de maio e primeira de xuño.

Volver