- O contrato, cunha duración máxima de catro anos, inclúe telefonía fixa e móbil e acceso a Internet de banda ancha
- Para garantir a cobertura en zonas de sobra, o Concell pon a disposición solo municipal, acometida eléctrica e torre de comunicacións para que o adxudicatario proceda á instalación dos equipos necesarios
Valga, 20 de xaneiro de 2025.
O Concello acaba de sacar a a contratación o servizo de telefonía fixa, móbil e acceso a internet de banda ancha en todas as dependencias municipais.
O valor estimado do contrato ten en conta os custos producidos durante a anualidade de 2024, establecéndose a cantidade máxima mensual en 1.312’85 euros (IVE incluído) e a anual en 15.754’20 euros. O contrato terá unha duración máxima de catro anos.
Son obxecto de contratación os seguintes servizos:
- Renovación, mellora e mantemento da rede, infraestruturas, equipamento de comunicación e liñas de telecomunicacións do Concello, en todos os ámbitos implicados: rede de voz, datos e internet de banda ancha.
- Servizo de acceso e conexión a internet, dispoñendo das máximas prestacións permitidas pola tecnoloxía actual e implementando as futuras tecnoloxías cando sexa posible, sen que isto supoña unha variación no custo mensual das mesmas.
- Servizos de telefonía móbil: terminais, tráfico e dispositivos para transmisión de datos en mobilidade.
- Subministración e instalación dos novos componentes necesarios para as infraestuturas de comunicación de voz e datos das sedes do Concello (Casa Consistorial, Auditorio Municipal, CODI, Museo da Historia, Casa da Cultura, Depuradora, Punto Limpo, Escola Taller e Edificio de Usos Administrativos).
- Instalación de novos puntos de rede/voz e outros elementos pasivos (racks, paneis, bandexas, etc.) nas dependencias municipais que así o requiran.
- Mellora da instalación do cableado estruturado das sedes do Concello.
Todos os sistemas deben entregarse absolutamente implantados; é dicir, configurados, parametrizados e en completo estado de funcionamento.
Ademais, para garantir a cobertura en todo o territorio municipal e facilitar o acceso á rede móbil e de datos 4G/5G nas zonas de sombra ou con cobertura deficiente, o Concello pon a disposición solo municipal, acometida eléctrica e torre de telecomunicacións, polo que o adxudicatario procederá á instalación, configuración e mantemento da torre e dos equipos necesarios para garantir dita cobertura.
As empresas que queiran participar no concurso público teñen de prazo ata o 27 de xaneiro para presentar as súas ofertas.