Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e as concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna acompañaron no acto ao deputado Javier Tourís

- Os plans +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria contan cunha dotación de 2'4 millóns de euros

IMG 20250110 WA0002

Valga, 11 de xaneiro de 2025.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna, acompañaron este xoves ao deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, na presentación das axudas de varios plans de acción comunitaria da administración provincial.

Ao acto, que tivo lugar no Auditorio Municipal, asistiron representantes de asociacións de vecinos e comunidades de Augas de Valga, que recibiron información sobre os programas Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua. En conxunto, contan cun orzamento de 2'4 millóns de euros neste 2025, un 20% máis que o pasado ano.

Javier Tourís explicou que “as bases xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”. O deputado sinalou novidades como a simplificación administrativa dos trámites.

Estas axudas, engadiu, buscan mellorar a calidade de vida local, incrementar os equipamentos veciñais e mellorar a xestión da auga en todo o territorio provincial.

O plan Provincia Comunitaria vai dirixido a asociacións veciñais e de mulleres rurais, que poden investir as axudas en obra nova ou reforma de local, mobiliario, equipamento informático, audiovisual e para actividades.

O progama +Aqua diríxese a comunidades de usuarios de augas, que poden destinar os cartos a melloras nas instalacións das traídas comunitarias, dixitalización e eficiencia enerxética, sistemas tratamento e control, mellora da calidade da auga e da captación e infraestructuras de almacenamento.

Por último, o plan +Novaqua, que se convoca por primera vez este ano, ten como obxectivo a legalización de traídas de agua veciñais.

IMG 20250109 WA0018 IMG 20250110 WA0003

Volver