Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, ao que acompañou o alcalde, estivo no centro para discapacitados comprobando os últimos equipamentos incorporados

- Tamén visitaron o Centro de Día, no que se executaron traballos de eliminación de humidades

VisitaXerenteConsorcio1

Valga, 2 de xaneiro de 2025.

O Centro Ocupacional para persoas con discpacidade (CODI) conta cun novo vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida, que foi adquirido a través dun convenio de colaboración subscrito entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e o Concello de Valga e que supuxo un investimento de 66.682’50 euros.

O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, estivo esta mañá no CODI para supervisar os últimos investimentos realizados tanto en equipamento coma en actuacións de mellora. Acompañárono o alcalde, José María Bello Maneiro, a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro.

Os representantes municipais e autonómico comprobaron as características do novo vehículo, que foi subministrado pola empresa Talleres Santiago Iglesias S.L. e que facilitará os desprazamentos dos usuarios do centro. Trátase dunha Nissan Primastar hibridizada, que pode circular con gasoil pero tamén con gas e conta con etiqueta ECO. Ten un total de nove prazas e conta con sistema para trasladar a unha persoa en cadeira de rodas, con rampla eléctrica traseira e dispositivos de anclaxe para a silla.  Tamén dispón de chanzo lateral con apertura automática.

Ao CODI asisten, diariamente, persoas con discapacidade funcional de diferentes parroquias de Valga e tamén doutros concellos da bisbarra, o que facía imprescindible dotar a este centro dun servizo de transporte adaptado a persoas con mobilidade reducida ou co din de poder trasladalas ata Baño e realizar desprazamentos con elas cando sexa preciso.

Ademais, Perfecto Rodríguez tamén comprobou o resultado doutra obra executada recentemente no CODI, que consistiu no acondicionamento dun local para a realización de actividades e obradoiros.

VisitaXerenteConsorcio2 VisitaXerenteConsorcio3

VisitaXerenteConsorcio4

A continuación, o representante da Consellería de Política Social e membros do goberno local desprazáronse ata o Centro de Día, para felicitar o aninovo a todos os usuarios e o persoal. Neste centro tamén se levaron a cabo algunhas melloras, dirixidas principalmente á eliminación de humidades. Trátase, subliñou o xerente, dun “centro de referencia na comarca, tanto polas instalacións coma polo persoal do que dispón”.

Perfecto Rodríguez cifrou en 135.000 euros o investimento que o seu departamento vén de realizar tanto no Centro de Día coma no CODI para “dar resposta ás necesidades que o alcalde lle plantexara á conselleira de Política Social e co obxectivo de mellorar os servizos sociais e de benestar que se prestan en Valga, un concello exemplar nesta materia”.

O alcalde agradeceu ao Consorcio e á Consellería os fondos destinados a Valga para continuar reforzando servizos que son básicos para a cidadanía. “Sen a colaboración da Xunta non poderíamos realizar estes investimentos”, remarcou.

Volver