- Era unha das veciñas de máis idade de Valga, despois de cumprir 100 anos en xaneiro de 2024
- Os actos fúnebres na súa memoria celébranse mañá pola tarde na igrexa de Xanza
Valga, 28 de decembro de 2024.
O Concello lamenta o falecemento, na xornada de hoxe, da centenaria Concepción Jamardo Neira. O goberno local, en nome de todos os valgueses, transmite as súas condolencias á familia e aos achegados.
Nada no 1924 e residente no lugar do Sixto (Xanza), Concepción era unha das veciñas de máis idade de Valga, despois de cumprir 100 anos o 27 de xaneiro de 2024. Naquela xornada o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo, visitárana no seu domicilio para felicitala e agasallárana cun ramo de flores, unha placa e doces.
A capela ardente está instalada na sala número 2 do tanatorio municipal, en Beiro. Mañá, a partir das 17:30 horas, terá lugar a condución do cadaver ata a igrexa parroquial de Santa María de Xanza, onde se celebrarán os actos fúnebres na súa memoria.