- Agasallounos con caramelos e repartiu abrazos entre os máis pequenos
- Os nenos do colexio Baño-Xanza xa falaran con el por videoconfencia a semana pasada
Valga, 19 de decembro de 2024.
Papá Noel adiantou a súa chegada a Valga e hoxe sorprendeu aos nenos da Escola Infantil Municipal e do CRA de Valga, que o recibiron cheos de ledicia e coa ilusión de pedirlles os seus agasallos preferidos para a Noiteboa.
O percorrido de Santa Claus polos centros educativos valgueses arrancou na Escola Infantil Municipal, coa máis cativos do concello. Algúns non dubidaron en subir ao seu colo e compartir confidencias con el, ao tempo que recibían algunhas lambetadas.
Despois deste primeiro contacto, Papá Noel emprendeu un percorrido polas distintas parroquias para chegar ata os colexios rurais que forman parte do CRA: Chenlo, Xanza, Campaña, Forno, Ferreirós e Vilarello. Os alumnos tiñan preparadas as súas cartas, que introduciron no saco máxico, e non dubidaron en cantarlle algunhas panxoliñas a Santa Claus, que repartiu abrazos entre cativos e mestres e regaloulles caramelos para que vaian endulzando a espera ata Noiteboa, e repartiu abrazos entre cativos e mestres.
Os alumnos de Infantil do colexio Baño-Xanza xa tiveran un primeiro contacto con Papá Noel a semana pasada, empregando as novas tecnoloxías. Conectaron con el dende aula CeMIT do Auditorio, cando aínda se atopaba en Laponia tomando boa nota de todos os regalos que tiña que traer a Valga.