- A actividade é organizada polo Concello para promover o envellecemento activo e as relacións sociais entre a veciñanza
- Realizan actividades coma sopas de letras e xogos, crean historias e potencias os seus recordos de vida
Valga, 5 de decembro de 2024.
Os obradoiros de estimulación da memoria que se imparten dentro do programa Campus Sénior contan nesta edición con trinta e cinco participantes que, repartidos en dous grupos no Auditorio e no CODI, asisten semanalmente a sesións nas que traballan o desenvolvemento cognitivo dunha forma lúdica e sempre tendo en conta os intereses e necesidades dos participantes.
O obxectivo é axudalos a frear ou reverter a progresiva perda da memoria a través de exercicios e xogos que contribúan a estimular e adestrar o cerebro e, deste xeito, axuden a un maior benestar e calidade de vida dos participantes. Entre as actividades que realizan: sopas de letras que favorecen a concentración, crearon o seu propio xogo de “Pasapalabra”, crean historias imaxinarias ou falan sobre recordos das súas propias vidas.
Con este taller e coas clases de expresión artística que tamén se imparten no Campus Sénior trátase de contribuír ao envellecemento activo, e ofrecer alternativas socializadoras ás persoas maiores para evitar o seu illamento.