Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Pola tarde tamén se celebrou un obradoiro infantil que contou con alta participación
- A degustación final incluíu castañas asadas, chourizos e bocadillos

Magosto24 1

Valga, 30 de novembro de 2024.
O Auditorio viviu onte unha xornada de grande afluencia de veciños, con actividades que se prolongaron durante toda a tarde e ata a noitiña. O espectáculo dos Bolechas e o magosto atraeron ao edificio municipal a numerosos nenos e familias, que compartiron unhas horas de diversión e convivencia con outros valgueses.

“Os Bolechas tocan nunha grande orquestra” foi o espectáculo que o programa FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, trouxo onte a Valga. Moita música e participación do público fixeron que o público o pasara en grande durante case unha hora coa historia dos personaxes creador por Pepe Carreiro. Braulio, Pili, Carlos, Loli, Sonia, Tatá e o can Chispa montaron o seu popio grupo musical e contaron, ademais, cun convidado: o seu curmá Kofi, ao que houbo que darlle unhas clases para que aprendera as notas musicais e coñecera algúns instrumentos.

Ao remate da función, o público e outros moitos veciños reuníronse no hall do Auditorio para celebrar a festa do Magosto, con degustación gratuíta de castañas asadas, chourizos con pan e bocadillos.

Pola tarde celebrouse tamén un obradoiro infantil que contou cunha grande participación. Os nenos elaboraron as súas caixiñas para gardar as castañas, empregando materiais coma bricks de leite, cores, pegatinas e moita imaxinación para decorar os recipientes, que tamén incluíron mensaxes contra a violencia de xénero, na semana conmemorativa do 25-N.

Bolechas1 Bolechas2

Magosto24 2 Magosto24 3

Volver