- O destino da camiñada foi o Miradoiro da Perdiz, que ofrece unha fermosa panorámica do río Ulla
- Os participantes foron agastallados cun chaleco reflector conmemorativo do 25-N
Valga, 29 de novembro de 2024.
A andaina organizada polo Concello como parte das actividades conmemorativas do Día Internacional para a eliminación da violencia contra muller xuntou onte á tardiña a un grupo de corenta persoas que, ademais de participar nunha xornada deportiva e saudable, quixeron amosar o seu rexeitamento á violencia e condutas machistas.
A camiñada tivo un percorrido circular, con saída e chegada no Auditorio Municipal. O destino: o Miradoiro da Perdiz. O primeiro tramo, ata Vilarello, realizárono en paralelo á vía do ferrocarril e, despois, continuaron cara a aldea de Vilar, onde se atopa o miradoiro. Este espazo, que ofrece vistas panorámicas do río Ulla, foi acondicionado polos veciños a través do programa municipal Embelecer Valga e tense convertido nun dos lugares máis visitados de Valga.
As persoas que asistiron á andaina recibiron foron agasalladas cun chaleco reflector conmemorativo do 25-N.