Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Bello Maneiro negou que a alcaldesa cesureña plantexase ninguna negociación: “só informou do inicio da expropiación”

- Na sesión gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero

PlenoNovembro24

Valga, 27 de novembro de 2024.

O Pleno municipal aprobou onte unha moción de urxencia presentada polo grupo de goberno referente ao proceso de expropiación iniciado polo Concello de Pontecesures en relación á parcela “propiedade dos valgueses” neste termo municipal.

O texto aprobado, cos votos favorables dos concelleiros do goberno e a abstención da oposición, manifesta “a disconformidade do Concello de Valga ante as formas coas que o Concello de Pontecesures está a levar o procedemento de expropiación” e, ademais, faculta ao alcalde para que, previos os informes técnicos e xurídicos que procedan, “defenda os intereses do Concello de Valga no citado procedemento”.

Bello Maneiro explicou durante a sesión que o Concello de Pontecesures non plantexou ningunha negociación en relación a este terreo, senón que tan só se celebrou unha xuntanza na que informou do inicio do proceso de expropiación. Lembrou, ademais, que xa houbera conversas sobre este terreo con anteriores alcaldes cesures e “a miña postura sempre foi a mesma: esta é unha cuestión histórica”.

Por último, incidiu na “obriga” que teñen os concelleiros electos de Valga de “defender os intereses do seu concello”.

Volver